رسالة جامعية

Prevención secundaria en doentes do sexo feminino con síndrome coronaria aguda con elevación do segmento ST (SCACEST) no noso medio. Seguimento de factores de risco cardiovascular aos 3 anos ; Prevención secundaria en pacientes del sexo femenino con síndrome coronario agudo con elevación del segmento ST (SCACEST) en nuestro medio. Seguimiento de factores de riesgo cardiovascular a los 3 años ; Secondary prevention in female patients with ST-segment elevation acute coronary syndrome (STE-ACS) in our region. Follow-up of cardiovascular risk factors after 3 years

التفاصيل البيبلوغرافية
العنوان: Prevención secundaria en doentes do sexo feminino con síndrome coronaria aguda con elevación do segmento ST (SCACEST) no noso medio. Seguimento de factores de risco cardiovascular aos 3 anos ; Prevención secundaria en pacientes del sexo femenino con síndrome coronario agudo con elevación del segmento ST (SCACEST) en nuestro medio. Seguimiento de factores de riesgo cardiovascular a los 3 años ; Secondary prevention in female patients with ST-segment elevation acute coronary syndrome (STE-ACS) in our region. Follow-up of cardiovascular risk factors after 3 years
المؤلفون: Vence Nogueira, Xenevra Adriana
المساهمون: Mazón Ramos, María Pilar, Cid Álvarez, María Belén, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e Odontoloxía
المجموعة: Minerva - Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
مصطلحات موضوعية: Prevención, Síndrome coronaria aguda, Segmento ST (SCACEST), Factores de risco cardiovascular, Mulleres
الوصف: Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2022-2023 ; Introdución e obxectivos: Os principais obxectivos da prevención cardiovascular son a redución da mortalidade prematura de causa cardiovascular, a mellora da calidade de vida e a diminución dos costes da asistencia sanitaria. A meta deste estudo era determinar o nivel de seguimento no noso medio no sexo feminino das recomendacións das guías da Sociedade Europea de Cardioloxía sobre prevención secundaria cardiovascular, describir o perfil clínico no momento do evento índice e valorar a consecución das cifras obxectivo dos distintos factores de risco. Material e métodos: Estudo observacional e unicéntrico cunha mostra de 100 mulleres con SCACEST ás que se entrevistou no momento do ingreso inicial e ás que se seguiu ata 3 anos despois. Resultados: A idade media foi de 71 anos. Inicialmente, a prevalencia dos factores de risco cardiovascular foi elevada: dislipemia (62%), hipertensión arterial (56%), obesidade (34%), tabaquismo (33%) e diabete mellitus (29%). Ao cabo de 3 anos, o 36% alcanzara un control óptimo da PA; o 29%, o de LDL-colesterol; das diabéticas o 72,6%, o de HbA1c; o 38% eran non obesas e o 82%, non fumadoras. En total, un 53,42% das participantes seguía unha pauta farmacolóxica que incluíra os 4 grupos de medicamentos recomendados antiagregantes ou anticoagulantes (recibíanos o 98,63%), betabloqueantes (o 76,56%), fármacos contra o sistema renina-anxiotensina (o 78,08%) e estatinas (o 90,41%). Conclusión: A muller con cardiopatía isquémica crónica na área sanitaria Centro de Galiza ten unha elevada prevalencia de factores de risco cardiovascular inadecuadamente controlados, a pesar de que nunha alta porcentaxe das doentes se pautan os fármacos recomendados polas guías da ESC. É preciso un control máis estreito por parte do persoal sanitario, que alente a conseguir un estilo de vida máis adecuado e que optimice os tratamentos cando estes non estean sendo suficientes para lograr os obxectivos propostos ; Introducción y objetivos: Los principales ...
نوع الوثيقة: bachelor thesis
اللغة: Galician
العلاقة: http://hdl.handle.net/10347/33385Test
الإتاحة: http://hdl.handle.net/10347/33385Test
حقوق: Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional ; http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0Test/ ; open access
رقم الانضمام: edsbas.BF07E4E4
قاعدة البيانات: BASE